O Deportivo ABANCA B, xusto finalista da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina
O Deportivo ABANCA B volveu vencer esta noite ao Victoria CF B (1-4) e clasificouse con toda xustiza para a gran final da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina. Na ida hai unha semana, xa venceron as deportivistas en Abegondo: 4-0.
Esta noite na Torre, Sara Piñeiro, Lida, Michelle Romero e Alba Suárez foron as goleadoras branquiazuis.
Deportivo ABANCA B: Jessi, Antía, Alba Martínez, Patri, Ainhoa, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Carlota, Vero, Michelle Romero e Lida. Tamén xogaron: Mar, Carmen, Lara, Alba Pérez e Sofía.
Na final, o rival do Deportivo ABANCA B será ou ben o Valladares ou ben o Atlético Arousana, que se enfrontan mañá domingo no partido de volta. Na ida, venceron as viguesas en Vilagarcía (2-3).
Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta competición son os seguintes:
Eliminatoria previa Victoria FC B 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez -2- e Patri)
Cuartos de final Deportivo ABANCA B 8 (Michelle Romero -3-, Patri -2-, Vero, Alba Martínez e Ainhoa) - Torre 0
Semifinais Ida: Deportivo ABANCA B 4 (Michelle Romero, Sara Piñeiro e Vero -2-) - Victoria CF B 0
Volta: VICTORIA CF B 1 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Sara Piñeiro, Lida, Michelle Romero e Alba Suárez)