RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA encarrila en Santiago o pase á final de Copa

O Deportivo ABANCA gañou no Municipal do Sergas (1-4) de Santiago hoxe mércores 6 de decembro ao Victoria FC, no partido de ida de semifinais da Copa de Segunda División Nacional e encarrila así o seu pase á gran final. Peke, Kika, Oreiro e Nuria foron as autoras dos goles branquiazuis este mediodía.

O partido de volta, en Arteixo, será o próximo 21 de xaneiro de 2018.

Ante o Victoria FC non foi un partido dos mellores do Deportivo ABANCA, pero que, na súa condición de equipo grande, é capaz de sacar adiante os encontros nos que non ofrece o seu mellor nivel.

Deportivo ABANCA: Anita, Raquel, Miriam, Miga, María Corral, Oreiro, Patri, Kika, Cris, Peke e Estefi. Tamén xogaron: Teresa, Nuria, Jone, Iris e Sara.

Na Primeira Fase desta competición, baixo o formato de liguiña a unha soa volta, o Deportivo ABANCA foi primeiro do grupo norte con estes resultados:

Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - Barbaría Mixta Friol 0
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)

Semifinais

Ida: Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA 4 (Peke, Kika, Oreiro e Nuria)

Este domingo 10 de decembro ao Deportivo ABANCA tócalle liga, a 13ª xornada en Segunda División Nacional, en Arteixo ante o CPM Friol (17:00 horas).

De cara ao choque ligueiro, os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.

O Deportivo ABANCA lidera a clasificación do grupo 1º de Segunda División Nacional con 34 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o Oviedo Moderno, segundo con 33 puntos.