O Deportivo Abanca, gran protagonista da quinta Gala do Fútbol Feminino Galego
O Deportivo Abanca será o gran protagonista da quinta Gala do Fútbol Feminino Galego, que se celebrará o vindeiro domingo 25 de xuño no Auditorio Municipal de Cambados (Pontevedra), organizada polo medio de comunicación Revista do Fútbol Feminino Galego.
O conxunto branquiazul, que pelexou practicamente até a última xornada por ser campión de liga do grupo 1º de Segunda División Nacional, acapara boa parte das distincións, que son as seguintes para a temporada recentemente finalizada:
-Mellor equipo: Deportivo Abanca -Mellor lateral dereita: Cristina Martínez 'Cris' -Mellor mediocentro: Tere Abelleira -Mellor mediocentro esquerda: María Corral -Mellor interior esquerda: Nuria Rábano -Pichichi de Segunda División: Estefanía Pabst
Así mesmo, varias xogadoras e técnicos do Deportivo Abanca están nomeados aos seguintes premios, cuxos gañadores se coñecerán no transcurso da Gala:
-Mellor xogadora galega: Cris, Tere Abelleira, María Corral e Nuria Rábano -Mellor xogadora promesa: Raquel Béjar, Tere Abelleira, María Corral e Nuria Rábano -Mellor gol da temporada: María Corral e Nuria Rábano -Mellor técnico: Manu Sánchez
Namentres, o Deportivo Abanca 2017-2018 continúa perfilando o seu cadro. Están confirmadas as seguintes futbolistas: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena e Miga.