RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA recibe mañá domingo en Arteixo ao Sárdoma, terceiro clasificado

Duro test nesta 5ª xornada para o Deportivo ABANCA, que recibe mañá domingo 8 de outubro (12:00 horas) en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao Sárdoma, terceiro clasificado do grupo 1º de Segunda Nacional.

Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros, 3 para os menores de 16 anos.

Manu Sánchez citou para o encontro ás seguintes xogadoras: Malena, Sheila, Cris, Miriam, Laura, Raquel, Patri, Iris, Kika, Gaby, Oreiro, Sara, Jone, Peke, Lía e Teresa.

O Deportivo ABANCA mantense como líder do grupo por un só tanto respecto ao Oviedo Moderno, o seu inmediato perseguidor na clasificación. As branquiazuis teñen 12 puntos e unha diferenza de goles marcados e encaixados de +24. As asturianas son segundas con 12 puntos e +23.