RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo participa cos mellores clubs portugueses no Torneo Ponte de Frielas infantil

Un equipo infantil do Deportivo desprázase esta semana a Portugal para participar no torneo que organiza a União Desportiva Ponte de Frielas, en Ponte de Frielas.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co SL Benfica, UD Ponte Frielas e Vitória de Setúbal.

O calendario de partidos do Dépor, en horario local (unha hora máis en España), é o seguinte:

Sábado 2 de marzo
10:45: DEPORTIVO - VITÓRIA DE SETÚBAL
15:30: UD PONTE FRIELAS - DEPORTIVO

Domingo 3 de marzo
14:00: SL BENFICA - DEPORTIVO

Os dous primeiros clasificados xogan as semifinais, o luns 4 a partir das 15:30 horas; mentres que o 3º e 4º disputarán o martes 5 un partido de consolación fronte ao 3º e 4º do outro grupo.

O torneo conclúe ese martes 5 de marzo, coa final (16:00) e o partido polo terceiro e cuarto posto (14:30).