RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo, primeiro finalista da LIX edición do Teresa Herrera

O Deportivo disputará o domingo, ás 21:00 horas, a final do LIX Trofeo Teresa Herrera tras vencer ao Sporting de Portugal por 2 goles a 0 na semifinal disputada esta noite en Riazor. O outro finalista sairá do partido que Atlético de Madrid e Zaragoza dis

O primeiro gol chegou tras un centro de Munitis que Pandiani cabecea ao pau e o rexeitamento remátao a gol Pablo Amo, moi atento. Adiantábase o Deportivo ante un Sporting que non puxo en aprietos aos blanqiazules. Xa no segundo período Toro Acuña saca unha falta na frontal, o disparo golpea nun home da barreira e despista a Ricardo entrando a gol.

O Deportivo formou de inicio con Munúa, Héctor, Andrade, Pablo Amo, Capdevila, Sergio, Jaime, Scaloni, Munitis, Valerón e Pandiani para a primeira semifinal do Teresa Herrera ante o Sporting de Portugal. No banco, Dani Mallo, Romeu, Jesús Muñoz, Toro Acuña, Abreu, Changui e Momo.

O Sporting saíu de inicio con Ricardo, Polga, Hugo, Niculae, Tello, Miguel García, Douala, Paíto, Custodio, Rogério e Tinga. No banco, Tiago, Enakarhire, Miguel Veloso, Paulo Sergio, Joao Moutinho, Liedson e Pinilla.