RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo refúxiase no traballo nos días previos a #ONOSODERBI

O Deportivo aférrase ao traballo diario nos días previos a #ONOSODERBI deste sábado 5 de maio en Balaídos ante o RC Celta (18:30, Bein LaLiga).

Esta semana, Clarence Seedorf dispuxo un adestramento diario até o sábado, como hoxe martes en Abegondo.

A mañá arrincou na sala de vídeo. A continuación, xa sobre o céspede do campo 3, os futbolistas branquiazuis, incluído o fabrilista Blas, tiveron un exercicio de pases, un traballo de posesión; e, para concluír, partidos en espazo reducido no campo 2, con 3 equipos.

Adestráronse á marxe do grupo Adrián, Sidnei, Bóveda e Muntari.

Mañá mércores, o cadro está citada de novo ás 11:30 en Abegondo.