RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril afrontará o próximo tramo ligueiro sen Bicho, operado hoxe do seu ombreiro dereito

O Fabril encarará o próximo tramo ligueiro sen Bicho, un dos seus xogadores de ataque.

O atacante coruñés, que completou toda a pretemporada co primeiro equipo, foi intervido cirurxicamente a cargo do traumatólogo do Club, Rafael Arriaza, dunha inestabilidade recidivante do seu ombreiro dereito, por medio dunha estabilización artroscópica.

O tempo de recuperación de Bicho non será inferior aos catro meses.