RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril cae ante un Polvorín FC superior neste partido

O Fabril caeu derrotado na súa visita a un Polvorín FC (3-1) superior aos branquiazuis nesta ocasión. O xuvenil Jairo anotou o único tanto fabrilista que supuña a provisional igualada a un gol. Logo, os lucenses puxeron terra polo medio no marcador grazas ao seu mellor xogo.

Co resultado deste partido correspondente á 19ª xornada no subgrupo A de Terceira División, o Fabril queda con 22 puntos na oitava posición, aínda que cun partido menos xogado.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Guille Bueno, Javi Sanmartín, Jairo, Yeremay, Javi Sánchez, Adri Castro e Boedo. Tamén xogaron: Pescador, Sarmiento, Guedes e Álex.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Juan Carlos Valerón visitará á Agrupación Estudantil en Santiago.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril - Racing Villalbés, aprazado
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)
Fabril 1 (Boedo) - Bergantiños CF 2
Polvorín FC 3 - Fabril 1 (Jairo)