RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril cumpre coa súa condición de favorito ante o Miño na Copa Deputación

A AD Miño, de Primeira Autonómica, foi o rival do Fabril nos oitavos de final da Copa Deputación. A eliminatoria, a partido único, xogouse no campo municipal de Gallamonde (Miño) onte domingo 6 de agosto.

Os fabrilistas cumpriron coa súa condición de favoritos e impuxéronse (1-3) aos locais, con tantos de One e Uxío -2-.

Fabril: Francis, Carracedo, Raúl González, One, Lucas, Gaizka, Sito, Ortuño, Pedro, Romay e Luismi. Tamén xogaron: Blas, Álex Cobo, Quique Fornos, Queijeiro, Martín, Borja Galán e Uxío.

O seu próximo rival, xa en cuartos de final, será o Cerceda, que eliminou ao Paiosaco.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmados é o seguinte:

23 de xullo, torneo '3 en 1' en Viveiro:
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0
25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)
30 de xullo: SD Compostela 1 - Fabril 1 (Pedro). A penaltis: 8-9
2 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Laracha 0 - Fabril 2 (Martín e Pedro)
6 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación da Coruña: Miño 1 - Fabril 3 (One e Uxío -2-)
8 de agosto, 18:30 horas, Trofeo Manolo Martín: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)