RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril déixase dous puntos en Ribadumia no último minuto

Terá que apertar os dentes o Fabril para asegurar a primeira praza no Grupo 1º da Terceira División. Esa é a consecuencia que se pode extraer dos dous últimos partidos fabrilistas, saldados con empate (Racing Villalbés e Ribadumia), co que a vantaxe respecto ao Rápido de Bouzas, segundo clasificado, pasou de 8 a 4 puntos en quince días. Así pois, 68 puntos ten agora o Fabril, principal candidato ao título ligueiro, por 64 o Rápido de Bouzas, o único equipo que aguanta o ritmo coruñés.

Esta tarde, en Ribadumia, ao filial deportivista non lle acompañou a fortuna, e escapáronselle dous puntos no último minuto. Manu Molina adiantara ao Fabril nun partido con escasas ocasións de gol. Cando todo parecía abocado ao triunfo branquiazul, unha falta lateral mal despexada ata en dúas ocasións polos fabrilistas acabou no tanto do empate local.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Carlos López, Borja Domingo, Manu Molina e Álex Corredera. Tamén xogaron: Jorge Carreón e Jardel.

O vindeiro domingo 16 de abril ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Céltiga.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arosa 2
Órdenes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Órdenes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)
Fabril 1 (Edu) - Barbadás 0
Fabril 2 (Borja Domingo e Óscar) - Racing Villalbés 2
Ribadumia 1 - Fabril 1 (Manu Molina)