RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril gana en Villalonga e ten a tiro o liderado

O Fabril impúxose esta tarde en Villalonga (0-1) e ten a tiro o primeiro posto da Terceira División. Tras esta xornada, dous puntos separan ao filial deportivista (51 puntos) do Rápido de Bouzas (53 puntos), líder e próximo visitante en Abegondo, o domingo 26 de febreiro ás 12:00 horas. Un partido pois crucial para os dous conxuntos.

No campo de San Pedro esta tarde decidiu un gol de Álex Corredera no minuto 21. A partir de aí, o Fabril tivo que poñerse o mono de faena para frear os intentos locais de igualar o partido. Iso si, as oportunidades máis claras foron para os branquiazuis.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Carlos López, Queijeiro, Carreón, Álex Corredera e Borja Galán. Tamén xogaron: Anxo, Manu Molina e Borja Domingo.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Órdenes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)