RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril imponse ao Rápido de Bouzas no debut de Javi Cobo

O Fabril impúxose (1-0) ao Rápido de Bouzas nun amigable disputado esta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo. Decidiu o choque un gol de Lucas no minuto 68.

O encontro foi igualado e con escasas opcións de gol entre dous equipos que a temporada pasada estiveron nos postos altos da clasificación no grupo 1º de Segunda División B.

Case por primeira vez esta temporada, Tito Ramallo puido contar con futbolistas que até a semana pasada estiveron ás ordes de Natxo González no primeiro equipo, caso de Álex Cobo, Mujaid, Carlos López ou Uxío.

No Fabril destacou ademais o debut de Javi Cobo, a última incorporación. No descanso, o centrocampista cántabro substituíu a Carlos López.

Fabril: Álex Cobo, Blas, One, Mujaid, Raúl González, Gaizka, Diego Villares, Carlos López, May, Uxío e Lucas. Tamén xogaron: Javi Cobo, Pedro, Gandoy, Adri Castro, Ortuño, Prendes e Valín.

A próxima cita de pretemporada para o Fabril será este sábado 18 de agosto ás 19:00horas en Abegondo ante o Arosa.

Este é o calendario de pretemporada do Fabril '18-19':

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Dépor 3 - Fabril 1 (Adri Castro)
Xoves 26 de xullo, campo do Pardo en Navia: Real Oviedo Vetusta 1 - Fabril 1 (Diego Villares)
Domingo 29 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Fabril 1 (May) - Racing Villalbés 0
Mércores 1 de agosto (Copa Deputación), campo de O Carrizo (Culleredo): Atlético Coruña Montañeros 2 - Fabril 0
Venres 10 de agosto, Pasarón: Pontevedra 1 - Fabril 0
Martes 14 de agosto, Cidade Deportiva de Abegondo: Fabril 1 (Lucas) - Rápido de Bouzas 0
Sábado 18 de agosto, Cidade Deportiva de Abegondo, 19 h: Fabril - Arosa