RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril perfila o seu persoal para a próxima tempada

Á baixa xa coñecida de Juanpa, os futbolistas Romay, Uxíou, Marc Martínez, Aarón, Marc Nierga, Tonci Mujan e Chiñou tampouco seguirán a tempada próxima no Fabril, como así xa se lles comunicou a Secretar&ia

Teñen contrato en vigor estes futbolistas: Dani Igrexas, Bicho, Cañi, Álex, Felipe Ramos, Deak, David, Callón, Toni, Róber, Sidibe, Teles, que regresa da súa cesión ao Guijuelo; e Adrián e Miguel Cardoso, que renovaron por unha tempada, este último con opción a tres máis.

Remeseiro e Queijeiro teñen sobre a mesa unha oferta de renovación; mentres que o Club mantén conversacións con Álvaro Lemos.

Ademais, o persoal completarase con futbolistas en idade xuvenil que xa a tempada pasada estiveron practicamente toda no Fabril: Óscar, Quique Fornos e Anxo; e xogadores que subirán dos xuvenís, cuxos nomes serán feitos públicos nos próximos días.

O filial deportivista, con Manu Mosquera á fronte, arrincará a pretemporada o próximo 17 de xullo en Abegondo.