RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril-Polvorín cambia de día e hora e disputarase ás 16:30 h. do sábado

O Fabril-Polvorín da 21ª xornada da Terceira RFEF cambia de día e hora e pasa a disputarse o sábado 29 ás 16:30 h. en Abegondo en lugar do domingo ao mediodía como estaba inicialmente previsto. As socias e socios Deportivistas que xa retiraron a súa entrada antes deste cambio de programación poden acceder de igual modo coa súa entrada á Cidade Deportiva mentres que quen a retiren ou compren a partir de hoxe xa o farán co novo horario no seu ticket de acceso.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todas as persoas socias do Real Club Deportivo que o tramiten formalmente a través da web: https://bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O Real Club Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforo nun proceso 100% telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforo. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o xoves 27 ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforo aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en https://bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19. Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada na entrada e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños).