RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril quedou a un gol, non concedido, do título de liga

O Fabril quedou a un paso, a un só gol, do título de campión de liga do grupo 1º de Segunda División B. Empatou (0-0) no Salto del Caballo ante o Toledo, equipo que baixa desta forma a Terceira División. Tamén igualou o seu partido o Rayo Majadahonda en Ferrol (3-3), resultado que manda aos racinguistas a Terceira.

Desta forma, o Rayo Majadahonda é campión de liga con 70 puntos, por 69 puntos os fabrilistas. O equipo de Gustavo Munúa gañou 20 partidos, empatou 9 e perdeu outros 9. Anotou un total de 46 goles e recibiu 28 dianas.

O final do partido en Toledo e en consecuencia da liga puido ser outro, se o colexiado sinalase gol nunha cabezada do fabrilista Luismi no minuto 86. O balón, após pegar no traveseiro, entra por completo na portería toledana e sae. Fose definitivo para o campionato.

O encontro foi moi emocionante, con ocasións nas dúas porterías. A meta Francis, sobresaliente, foi o mellor do seu equipo e realizou boas intervencións ante un rival que se xogaba o descenso.

Fabril: Francis, Blas, One, Raúl González, Diego Caballo, Edu Expósito, Luís Fernández, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Luismi, Gaizka e Bicho.

O sorteo do play off de ascenso terá lugar mañá luns nos locais da Federación Española de Fútbol.

Os resultados do Fabril na liga foron os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Caballo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Romay) - Pontevedra 0
Gimnástica Segoviana 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Edu Expósito) - Unión Adarve 1
Atlético de Madrid B 1 - Fabril 4 (Romay, Uxío -2- e Luis Fernández)
Fabril 1 (Luis Fernández) - Celta B 3
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 2 (Uxío e Luis Fernández)
Fabril 1 (Romay) - Cerceda 0
Toledo 0 - Fabril 0