RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril saca un punto na súa visita ao Xuvenil de Ponteareas

O Fabril amarrou un punto na súa visita (0-0) á SD Xuvenil de Ponteareas en partido correspondente á 9ª xornada en Terceira RFEF.

Na primeira parte houbo repartición de ocasións entre un e outro equipo. A máis clara do Fabril foi de Davo nunha gran asistencia de Yeremay.

Após o descanso, o partido seguiu pola mesma tónica: moita igualdade e poucas ocasións claras. Os locais, recentemente ascendidos, mantéñense na zona nobre grazas á súa solidez. No filial deportivista, de novo Yeremay e Davo foron os que crearon máis perigo de cara á meta rival, aínda que sen fortuna.

Con este resultado, o filial deportivista é quinto na táboa con 15 puntos, a 5 puntos do UD Somozas, líder da categoría con 19.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Barba, Javi Sanmartín, Brais Val, Mella, Davo e Yeremay. Tamén xogaron: Runy, Nájera, Fabio e Juan Cambón.

O vindeiro domingo, o  Fabril recibe en Abegondo ao CD Barco, outro dos equipos da zona alta da táboa.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0