RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril sae indemne do diluvio e do arreón final do Cerceda

O Fabril amarrou os 3 puntos en Cerceda (2-3), no medio do diluvio, nun campo en lóxicas malas condicións pola cantidade de auga que caeu durante a desapracible tarde. Os fabrilistas aguantaron o arreón final do equipo local, que se meteu no partido con 2 goles nos últimos minutos.

O filial deportivista, que se presentou no Roxo con moitas baixas (Carlos López, Luismi, Jardel, Bicho, Luis Fernández...) adaptouse mellor ao complicado estado do terreo de xogo e púxose por diante no marcador con dobrete de Ismael Díaz.

Parecía sentenciado o choque, e máis cando Óscar marcaba o 0-3, na segunda metade, após recibir un balón en profundidade e superar á meta local Magunazelaia de vaselina.

Pero o Cerceda, nun último arreón final, marcou dous goles case no tempo engadido, viu próxima a posibilidade do empate, e obrigou aos fabrilistas a traballar até o asubío final.

Con este resultado da xornada 18ª, o Fabril suma 36 puntos na segunda praza do grupo 1º de Segunda División B, a 5 puntos de distancia do líder, o Fuenlabrada, que suma 41 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Gaizka, Óscar, Martín Bengoa, Ismael, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Ortuño, Raúl González e Gandoy.

O vindeiro domingo 10 de decembro, a Fabril visita ao CD Toledo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)