RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril segue intratable en Abegondo e aséntase no liderado

O Fabril xa mostra feituras de líder. Ao filial deportivista bástalle con moi pouco para derrotar aos seus rivais. Hoxe pasouse por Abegondo o Talavera, un equipo da zona baixa pero con oficio e duro de pelar.

Pois ben, o Fabril, sen facer un gran partido, e coas baixas de xogadores importantes como Francis, Edu Expósito ou Romay, gañou (3-0) con tres goles na recta final do encontro, obra de Lucas, Óscar e Queijeiro.

Antes, o choque estivo moi igualado entre dous equipos que tentaron facer valer as súas armas.

Con este resultado, e a derrota do Celta B, o seu inmediato perseguidor, en Fuenlabrada, o Fabril é máis líder con 22 puntos, 2 puntos máis que precisamente o Fuenlabrada.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Raúl González, One, Lucas, Óscar, Quejeiro, Uxío, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Gaizka, Ortuño e Ismael Díaz.

O partido deixou ademais o debut doutro canteirán da 'factoría' de Abegondo, o dianteiro xuvenil Ortuño.

O próximo fin de semana, a Fabril visita ao Navalcarnero.

Os resultados ata a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0