RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril supera con claridade ao UD Paiosaco H. Añón

O Fabril mostrouse esta mañá moi superior (5-0) ao UD Paiosaco H. Añón en partido correspondente á 2ª xornada no subgrupo A de o grupo 1º de Terceira División.

Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez foron os goleadores branquiazuis nun partido dominado de principio a fin polos fabrilistas.

Con este resultado, o Fabril empolícase á zona alta con 4 puntos de 6 posibles.

Fabril: Alberto, Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Boedo, Barba, Guedes, Villares, Sarmiento, Mosquera e Rayco. Tamén xogaron: Álex, Prendes, Nájera e Yuste.

O vindeiro domingo 1 de novembro toca derbi coruñés, ás 12:00 no campo da Grela ante o Silva SD.

Os resultados até a data do Fabril en liga son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0