RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril viaxa con 18 futbolistas a Madrid, incluídos Montiel e Valín, que adestraron hoxe co Dépor

Unicamente un equipo de #ANOSACANTEIRA ten partido oficial nesta Semana Santa. O Fabril visita ao Real Madrid Castilla mañá xoves 18 de abril (20:00 horas), en partido correspondente á 34ª xornada no grupo 1º de Segunda División B que foi adiantado ao fin de semana.

O filial deportivista, que se despraza hoxe por estrada a Madrid, leva a estes xogadores: Pedro López, Álex Cobo, Leto, Valín, Lucas, Abeledo, Mujaid, Gaizka, One, Raúl González, Gandoy, Javi Cobo, Salles-Lamonge, Víctor, Juanje, Montiel, May e Uxío.

Están incluídos Valín e Montiel, que hoxe mesmo fixeron boa parte do adestramento co primeiro equipo, ás ordes de José Luis Martí.

Non haberá máis partidos oficiais nunha semana na que Abegondo festexa un novo título, o cultivado polo Infantil B no grupo 1º da Primeira Autonómica. O seu triunfo (9-3) da pasada xornada ante o Compañía de María e o empate do seu inmediato perseguidor, o Ural CF B fronte ao Once Caballeros CF (4-4), adiantaron o alirón branquiazul.

Así pois, a canteira do Dépor suma o seu cuarto título esta temporada tralos colleitados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Iso si, durante estes días, salvo Xuvenil A, Cadete B e Infantil B, con descanso, todos os demais teñen torneo amigable: Deportivo ABANCA B (Trofeo Concello de Narón), Xuvenil B (Oviedo Cup), Cadete A (Torneo Cesaraugusta), Infantil A (Ibercup), Alevín A (Oviedo Cup), Alevín B (Ibercup), Benxamín A (Íscar Cup e Torneo Villa de Caldas) e Benxamín B (Mundialito en Cambrils).

Finalmente, o partido do Alevín A correspondente á xornada da pasada fin de semana do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 nas Eiroas (Carballo) ante o EF Luis Calvo Sanz A celebrarase finalmente este luns 22 de abril ás 17:00 horas.

O calendario de partidos queda así:

Segunda División B
34ª xornada: REAL MADRID CASTILLA - FABRIL, mañá xoves 18 de abril ás 20:00 horas no Estadio Alfredo Di Stéfano en Valdebebas
Clasificación: ... 15. Burgos CF e Las Palmas Atlético, 38 puntos; 17. Rápido de Bouzas, 35 puntos; 18. AD Unión Adarve, 33 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril, 20 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 74 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 70 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 64 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 53 puntos; 6. CD Areosa, Porriño Industrial CF e Pabellón Ourense CF, 47 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 81 puntos; 2. Cadete A, 74 puntos; 3. Ural CF, 60 puntos...

Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 70 puntos; 3. Cadete B, 59 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos; 3. Bertamiráns FC, 30 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 79 puntos; 2. Ural CF B, 79 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: EF LUIS CALVO SANZ A - ALEVÍN A, o luns 22 de abril ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)

Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Victoria CF A, 27 puntos; 2. CD Calasanz A, 22 puntos; 3. Ural CF A (un partido menos), 21 puntos; 4. Alevín A (un partido menos), 19 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A (un partido menos), 15 puntos...

Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Ural CF C, 21 puntos; 3. CD Calasanz C e Atlético Coruña Montañeros CF C, 15 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 54 puntos; 2. CD Calasanz A, 52 puntos; 3. Victoria CF A, 48 puntos...

Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. CD Calasanz B, 21 puntos...