RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Orzán SD Cadete Feminino arranca a Liga Galega este sábado na Torre ante o Umia CF

O Orzán SD Cadete Feminino, que participará tamén na Segunda División Galega, ten na súa outra competición, a Liga Galega Cadete, estes rivais: Victoria CF, SCD Milagrosa, Caldas CF, Umia CF, Sárdoma CF, UD Mos, SC San Mateo, CF Lóstrego e EFF Rosalía.

O primeiro rival será este sábado 23 de outubro ás 12:00 na Torre (campo 1) o Umia CF. O Orzán SD Cadete Feminino concluirá esta primeira parte da temporada o 26 de marzo de 2022 de novo na Coruña ante o Sporting Club San Mateo.

Os partidos de máxima rivalidade coruñesa fronte ao Victoria CF terán lugar o 6 de novembro (xornada 3ª) no campo do equipo branquinegro; e a volta o 5 de febreiro de 2022 (xornada 12ª) en cancha orzanista.

Esta primeira fase será co formato de liga todos contra todos, a dobre volta, cun total de 18 xornadas. Os catro primeiros pelexarán polo título nunha segunda fase que será polo sistema de eliminatoria a dobre partido: o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro. Os dous equipos vencedores xogarán a gran final.

Os conxuntos clasificados do quinto ao décimo na primeira fase xogarán unha Fase de Consolación. O formato será de liga a unha volta e os equipos partirán de inicio con esta puntuación: o 5º da primeira fase, con 5 puntos; o 6º, 4 puntos; o 7º, 3 puntos; o 8º, 2 puntos; o 9º, 1 punto e o 10º, 0 puntos.

O calendario do equipo orzanista en liga é o seguinte:

Xornada 1 (23/10/2021) Xornada 10 (22/01/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Umia CF
Xornada 2 (30/10/2021) Xornada 11 (29/01/2022)
EF Femenino Rosalía Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 3 (06/11/2021) Xornada 12 (05/02/2022)
Victoria CF Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 4 (13/11/2021) Xornada 13 (12/02/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Caldas CF
Xornada 5 (20/11/2021) Xornada 14 (19/02/2022)
UD Mos Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 6 (27/11/2021) Xornada 15 (05/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino Sárdoma CF
Xornada 7 (11/12/2021) Xornada 16 (12/03/2022)
Lóstrego CF Orzán SD Cadete Feminino
Xornada 8 (18/12/2021) Xornada 17 (19/03/2022)
Orzán SD Cadete Feminino SCD Milagrosa
Xornada 9 (15/01/2022) Xornada 18 (28/03/2022)
Sporting Club San Mateo Orzán SD Cadete Feminino