RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino encarrilou en Gondomar o seu pase á final da liga Galega

O Orzán SD Cadete Feminino encarrilou en Gondomar ante o Lóstrego CF (2-4) o seu pase á final da liga Galega.

Nadia Longueira, Daniela Basalo e Ana Capelo -2- foron as goleadoras orzanistas nun partido competido que puido ter unha diferenza máis ampla no resultado a tenor das numerosas ocasións falladas.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Noelia Furelos, Nadia Longueira, Daniela Basalo, Paula Sánchez, Sara Cercido, Abril Pazos, Mica Baratelli, Laura Otero, Ana Capelo e Maca González. Tamén xogaron: Antía García, Sofía Paz, Sara Domínguez e Yaiza García.

O partido de volta será na Torre o próximo 24 de abril. O vencedor desta eliminatoria enfrontarase na final ao gañador da semifinal entre o Sárdoma CF e o Victoria CF.

O Orzán SD Cadete Feminino accedeu a esta fase final após quedar segundo da liga Galega, por detrás do Victoria CF.