RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino encarrila a permanencia co seu triunfo ante a SD Tordoia

O Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (4-1) na Torre hoxe xoves 14 á SD Tordoia, en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo 1º da Fase de Descenso de Primeira División.

Daniela Agilda, Ivana Fernández, Iria Otero e Ana Capelo foron as goleadoras orzanistas, que reaccionaron ben ao tanto inicial das visitantes.

Con este marcador, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 16 puntos, encabeza o subgrupo e, a falta de 5 xornadas, deixa encarrilada a súa permanencia na categoría. Todo iso nunha temporada complicada para o equipo, xa que algunhas das súas futbolistas máis destacadas foron habituais nos partidos do Deportivo ABANCA B en Primeira Nacional.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Celia Sousa, Daniela Agilda, Uxía López, Laura Deus, Sara Cercido, Iria Otero, Ana Capelo, Ivana Fernández, Macarena González e Noe Gómez. Tamén xogaron: Martina Rivas, Lucía Fontes, Irene Arcay, Paula Sánchez e Daniela Basalo.

O próximo 24 de abril, o Orzán SD Xuvenil Feminino visita ao Atlántida Matamá.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta fase son os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Ana Capelo, Laura Santos -2-, Noelia Gómez e Valeria Filgueira) - SD Xuventú de Aguiño 1
PM Friol B 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Daniela Agilda, Ivana Fernández, Iria Otero e Ana Capelo) - SD Tordoia 1
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2) - Tomiño FC Feminino 5