RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Ourense CF será o rival do Fabril na primeira eliminatoria do play off de ascenso

O Ourense CF, que acabou a liga regular en segunda posición en Terceira RFEF con 67 puntos, será o rival do Fabril nunha das semifinais do play off de ascenso a Segunda RFEF.

O filial deportivista clasificouse para esta fase como quinto do grupo con 53 puntos após vencer na última xornada ao Rápido de Bouzas en Abegondo e caer o Racing Villalbés precisamente co Ourense CF no Couto.

A eliminatoria, a partido único, será esta próxima fin de semana nunha sede por determinar a cargo da Federación Galega de Fútbol. En caso de empate ao final do tempo regulamentario haberá prórroga pero non penaltis, xa que neste caso pasaría o Ourense CF por quedar mellor clasificado na liga que o Fabril.

Nos dous partidos disputados entre os dous equipos esta campaña houbo empate sen goles (0-0) no Couto na primeira volta; e triunfo ourensanista pola mínima (0-1) en Abegondo na segunda parte da competición.

UD Somozas e CD Barco xogarán a outra semifinal. Os vencedores das dúas semifinais protagonizarán a final; e o gañador pelexará polo ascenso a Segunda RFEF co vencedor do play off doutro grupo.