A defensa numantina dun Pontevedra en zona baixa da táboa freou ao Cadete A (0-0), nun empate que sabe a derrota.
Os deportivistas levaron como é lóxico o peso do partido pero non foron capaces de perforar a meta granate.
Este resultado afasta provisionalmente ao Cadete A do liderado, en mans do Celta A: 39 puntos os deportivistas por 46 puntos os célticos.
Cadete A: Losada, Litos, Borja, One, Pablo, Barbeito, Ernesto, Bruno, Raúl, Julián e Pichu. Tamén xogaron: Mosquera, Samuel, Pedro e Veiga.
Neste parón do Nadal, o Cadete para disputará un torneo amigable en Roma (Italia). A competición ligueira renovarase o sábado 7 de xaneiro en Abegondo fronte ao Galicia Caranza.
Os resultados do CadeteA son os seguintes:
Lugo 1 - Cadete A 1 (Ernesto) Cadete A 2 (Mosquera -2-) - Bertamiráns 0 Victoria 2 - Cadete A 2 (Pichu -2-) Cadete A 2 (Pichu e Dani) - Ural 1 Cadete A 4 (Ernesto, Borja, Miguel e Pichu) - Bergantiños 1 Choco 0 - Cadete A 1 (Mosquera) Cadete A 3 (Bruno, Pichu e Borja) - Pabellón 1 Coruxo 1 - Cadete A 2 (Ernesto e Pichu) Cadete A 10 (Pichu -3-, Mosquera -2-, Borja -2-, Barbeito, Alexandre e Bruno) - Bora 0 Areosa 0 - Cadete A 8 (Pichu -5-, Mosquera -2- e Ernesto) Cadete A 7 (Pichu -3-, Iván -2-, Ernesto e Mosquera) - Ourense 0 Arousa 1 - Cadete A 5 (Veiga, Mosquera, Litos e Pichu -2-) Cadete A 3 (Barbeito, Pichu e Bruno) - Racing de Ferrol 0 Val Miñor 1 - Cadete A 2 (Borja e Julián) Cadete A 0 - Celta 1 Pontevedra 0 - Cadete A 0