RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Presidente Lendoiro agradecido a Antonio Núñez por vir ao Deportivo

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, quixo agradecer públicamente a Antonio Núñez o feito de "non pór ningún tipo de obstácu para xogar aquí. Nin él nin a súa axencia Bahía,

Explicou o dirixente deportivista que Núñez asina polo Club ata o 31 de decembro, "aínda que existe unha cláusula de ampliación do seu contrato ata o 30 de xuño a condición de que cheguemos a un acordo coa administración concursal".

Pola súa banda, o futbolista confesou que se adestrou este tempo no Fuenlabrada madrileño. Ao achegarse aos poucos a posibilidade de vir ao Dépor, manifestou falar con Borja Bastón, co que coincidiu a pasada tempada no Huesca: "Só tivo palabras boas para o Club e para a cidade. É un namorado da Coruña".

Sobre a duración inicial do seu contrato, Antonio asegura que "eu o que veño é a sumar polo Dépor, e logo o que teña que pasar pasará".

Viu onte co Presidente Lendoiro a quenda de penaltis en Córdoba: "Sorprendeume a calidade dos rapaces e a súa desenvoltura nun momento no que che adoitas ademais pór moi nervioso".