RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para a visita ao Sestao

O RC Deportivo habilita a posibilidade de realizar a pre-reserva de entradas para o partido do sábado 4 de maio ás 18:00h en campo do Sestao River correspondente á 35ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As localidades teñen un prezo de 15 euros e quedan limitadas a dous por socio. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web http://entradas.rcdeportivo.es/ 

O Sestao puxo a disposición do RC Deportivo un total de 800 entradas, das cales un 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas, e o resto a través do club. 300 das localidades están situadas en fondo e teñen un prezo de 15 euros. As outras 500 teñen un prezo orixinal de 20 euros, pero o RC Deportivo asume 5 euros, polo que o prezo final é de 15€. 

A pre-reserva poderase facer desde o sábado 27 ás 10:00h até o luns 29 ás 9:00h. No caso de que houbese máis abonados en pre-reserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados que poderán acudir a recoller as entradas á OAD desde o luns 29 ás 11:30h até as 13:30h e desde as 16:30h até as 19:00h e o martes 30 no mesmo horario. Será obrigatorio presentar o abono e o DNI dos asistentes e un deles debe ser o titular do abono.