RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Fabril - UP Langreo do domingo 31 de marzo ás 13:00 en Abegondo

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste domingo 31 de marzo ás 13:00 (Youtube RC Deportivo) entre o Fabril e o UP Langreo, correspondente á 29ª xornada en Segunda Federación.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da grada nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar os asentos. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese localidades aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es  e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.