RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O RC Deportivo asina un acordo transcendental co que pecha o refinanciamento de toda a súa débeda

  Tras añou e medio de complexa e permanente negociación, e cun gran esforzo realizado por todas as partes para chegar a este punto de entendemento, hoxe pola mañana asinouse ante notario o acordo para a refinanciación

O vencimiento final da operación queda fixado na Tempada 2031-2032, cun período inicial de carencia ata xaneiro de 2017. A estrutura de amortización é progresiva, cunha menor carga de amortización nas primeiras tempadas e unha maior carga no último tramo do préstamo, unha vez que o Club superase a amortización da débeda privilexiada coa AEAT, no ano 2023. Así, ata xaneiro de 2023 o capital a amortizar de maneira ordinaria é dun 20%, unha porcentaxe crecente ata o tramo final, entre xullo de 2029 e xullo de 2031, que será dun 40%.

Así mesmo, en caso de descenso a Segunda División, a amortización baixa a 200.000 €, amortizándose o deixado de amortizar durante ese período en Segunda en cotas extraordinarias na tempada que se retorne a Primeira División.
 
Desta maneira a estrutura de débeda privilexiada da SAD, sen ter en conta por tanto a débeda concursal xa aprobada no convenio de xaneiro de 2014, queda pechada.
 
Previamente desde febreiro de 2014 realizáronse tamén os seguintes pagos de débeda privilexiada:
 
1. Débeda privilexiada con AEAT. A 21 de xaneiro de 2014 permanecía aberta o refinanciamento da totalidade da débeda privilexiada coa AEAT. O 7 de marzo de 2014 asinouse o refinanciamento desa débeda privilexiada ata 2023, por un importe de 42 millóns de euros. Estes víronse incrementados ata os 53 millóns coa sentenza sobre a tercería de mellor dereito na que se deu a razón ás entidades financeiras. A data de hoxe a débeda pendente é de 44 millóns de euros, e cancelouse xa a última cota. 
 
A redución da débeda nos últimos 18 meses foi de 9 millóns de euros (17% da débeda).
 
2. Débeda privilexiada correspondente ao préstamo bilateral con ABANCA. Se refinanció o préstamo bilateral de 13 millóns de euros, con vencimiento en 2029, coa firma dun contrato publicitario coa entidade que cancela anualmente cotas. Unha vez amortizada a cota de agosto 2015 o capital pendente será de 10,5 millóns de euros. 
 
A redución da débeda nos últimos 18 meses foi de 2,5 millóns de euros (19% da débeda).
 
3. Outras débedas con privilexio de menor contía. 100 % de débeda coa Caixa, 100% coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e outros acredores, por un total aproximado de 700 mil euros.
 
En total, a débeda privilexiada do RC Deportivo da Coruña redúcese nos últimos 18 meses nun total de 12,2 millóns de euros.