RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo cita aos clubs de fútbol para informarlles sobre a implantación do Kit Dixital

O RC Deportivo convida os clubs de fútbol que o desexen a unha xornada de asesoramento gratuíta na que se explicarán as características xerais do financiamento do programa Kit Dixital, que supón unha boa oportunidade para a dixitalización dos clubs, e na que se resolverán todas as dúbidas ao respecto.

Dita xornada terá lugar o vindeiro xoves 1 de febreiro ás 17:30 horas no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña, e terá como relatores a Alberto Fernández Vázquez, responsable da oficina Acelera Peme da Cámara de Comercio, e a Óscar Martínez, vicepresidente segundo e xerente do Silva SD, caso de éxito dun club co Kit Dixital.

Os clubs interesados poden inscribirse nesta ligazón. A inscrición é obrigatoria.