RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo doa a AGA Ucraína a recadación íntegra do Teresa Herrera

O RC Deportivo, como anunciou na presentación do Teresa Herrera 2022, efectuou nas últimas horas a doazón da recadación íntegra do despacho de billetes do torneo a AGA Ucraína, a ONG galega que fará de ligazón coas organizacións humanitarias en Kharkiv para facer chegar a axuda económica ás persoas refuxiadas no Estadio do Metalist, rival do Deportivo nesta edición solidaria do decano dos trofeos amigables do mundo. 

O importe total da recadación dos partidos, aos que as persoas socias do RC Deportivo tiñan acceso libre co seu carné anual foi de 17.980 euros, que unidos aos 999 recadados na Fila 0, será a cantidade coa que se axude desde Galicia ás vítimas da invasión en Ucraína.