RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Real Club Deportivo agradece o seu traballo aos clubs con convenio

Na previa do partido contra o Club Atlético Osasuna, o Real Club Deportivo levou a cabo un sinxelo acto de recoñecemento e agradecemento polo seu labor aos clubs cos que actualmente existe convenio de colaboración para a formación de futbolistas.

Antes de presenciar o partido no Palco de Honra de Riazor, representantes dos clubs con convenio e dos que esta temporada se incorporou algún xogador á disciplina branquiazul, foron recibidos polo Consello de Administración do Real Club Deportivo, que quixo agradecer de primeira man o seu traballo aos membros do Luís Calvo, Narón, SCD Pastoriza, San Tirso, Santiago CF, Racing de Ferrol, Bertamiráns, Atlético Coruña, Arousa e Calasancio.