RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Madrid Castilla agarda o sábado en Cantarrana nunha nova cita da Dépor Xira Integral Motion

O Real Madrid Castilla, do mesmo grupo que o Dépor en Primera Federación, agarda este sábado 6 de agosto ás 19:00 horas en Cantarrana.

Como o resto de partidos de pretemporada, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

As entradas custan 15 euros (menores de 12 anos gratis) e pódense adquirir anticipadamente nas oficinas do Viveiro CF en Cantarrana, en Óscar Joyeros e na Vinoteca Aquitania. O mesmo sábado tamén estarán dispoñibles no despacho de billetes do Estadio, desde unha hora antes do comezo do amigable.

Os partidos confirmados na pretemporada branquiazul, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Atlético Arteixo 0 - RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)
Racing Villalbés 1 - RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano)
RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) - SD Ponferradina 1
RC Deportivo-Real Madrid Castilla, sábado 6 de agosto, 19:00 h., Cantarrana (Viveiro)
RC Deportivo-Unionistas de Salamanca CF, sábado 20 de agosto, 18:30 h., Municipal Pepe Barreira (Ribadeo)