RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Cadete pesca 3 valiosos puntos na súa visita ao ED Xuventude de Oroso

O San Tirso SD Cadete pesou 3 valiosos puntos na súa visita ao ED Xuventude de Oroso (0-1) en partido correspondente á 14ª xornada na División de Honra que se xoga entre semana aproveitando a festividade do xoves 8 de decembro.

Nun exercicio de solidez dos 'verdes' no campo Lino Balado de Sigüeiro, decidiu o encontro un gol de Íker Fernández no minuto 58.

Con este resultado, o equipo que dirixe Samuel Montoto é 15º na clasificación con 15 puntos.

San Tirso SD Cadete: Rodrigo, Guille, Jorge, Íker Fernández, Abel, Miguel de Labra, Mosquera, Trillo, Janusz, Xoel e Jairo. Tamén xogaron: Hugo Ramos, Leandro, Yago García e Frank.

O vindeiro sábado 10, o San Tirso SD Cadete visita ao CD Choco, a partir das 18:00 no campo de Santa Mariña en Redondela.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 2 (Leandro e Hugo Ramos) - Rápido de Bouzas 3
ED Val Miñor Nigrán 2 - San Tirso SD Cadete 1 (Hugo Ramos)
San Tirso SD Cadete 2 (Janusz e Iker Fernández) - CD Lugo 2
AJ Lérez 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Janusz e Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 1 (Hugo Carballeira) - RC Celta 5
Pabellón Ourense CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Álvaro e Abel)
San Tirso SD Cadete 0 - Ural Español CF 2
CD Conxo Santiago 2 - San Tirso SD Cadete 1 (Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 4 (Iker Fernández, Frank e Miguel de Labra -2-) - Viveiro CF 0
CD Areosa 1 - San Tirso SD Cadete 3 (Álvaro Vicos, Janusz e Álvaro Rioboo)
San Tirso SD Cadete 3 (Miguel de Labra -3-) - Coruxo FC 3
Victoria CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 0 - Deportivo 4
ED Xuventude de Oroso 0 - San Tirso SD Cadete 1 (Íker Fernández)