RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O temporal obrigou a aprazar o encontro entre o Cadete A e o Ourense CF

O temporal de frío e choiva que azouta Galicia obrigou a aprazar o encontro correspondente á 21ª xornada na División de Honra entre o Cadete A e o Ourense CF que se ía a disputar en Abegondo.

Agora, a Federación Galega, de acordo cos clubs, fixará un día e unha hora para a celebración deste encontro.

O Cadete A marcha 2º na táboa con 53 puntos, a 4 puntos do RC Celta, líder con 57 puntos pero con 1 partido máis xogado.

A próxima fin de semana, precisamente, ambos os equipos, RC Celta e Deportivo, ven as caras na Madroa, nun partido vital para o desenlace da liga.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural CF 0
Coruxo 1 FC - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)
Ural CF 1 - Cadete A 2 (Novoa e Noel)
Cadete A 3 (Padín, Mario e Noel) - Coruxo FC 1
CD Lugo 0 - Cadete A 4 (Dani Barcia, Antón, Noel e Padín)
Cadete A - Ourense CF, aprazado