RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O traballo do ano foi brutal por parte de todos, afirma Kevin Cabado

Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, tamén compareceu ante os medios informativos na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Apunta que este ascenso "é unha experiencia única que vou levar toda a vida. Levo desde os 3 anos vindo a este estadio e este momento non se me vai a borrar nunca".

Opina que "estaba destinado para que fose así, con 14.000 persoas, coa nosa xente, que volveron a bater unha marca de asistencia na categoría. Isto non se compra, isto teno só o Dépor. Non o ten ninguén máis no fútbol español".

Kevin resalta que "o traballo do ano foi brutal por parte de todos. Dúas derrotas en todo o ano, o equipo madurou, aprendeu, coa solvencia de gañar 3-0 o día D, e isto fala moi ben do equipo. Este grupo vai dar moito que falar o ano que vén".

Alégrase tamén porque "#ANOSAFORZA, que é incrible, volva ter un representante na máxima categoría. Seguro que os faremos sentir orgullosos en Liga F tamén".

Finalmente asegura que, de cara á próxima temporada, "a dirección deportiva leva traballando desde setembro. Hai moitas cousas en marcha. Nos próximos días teredes moitas noticias sobre iso. Imos ter algo ilusionante seguro. Vai ser unha temporada diferente, de primeiro ano na máxima categoría, imos necesitar a #ANOSAFORZA nas boas e no malas pero non teño ningunha dúbida que imos estar aí e imos a por iso coa máxima ilusión".