RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O triunfo do Infantil abriu hoxe a fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con Xuvenil B e Cadete mañá sábado en Abegondo

Co Fabril, Deportivo ABANCA B, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino e Fabril FC Benxamín xa sen liga, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA céntrase na última xornada de liga na División de Honra xuvenil.

O Dépor, que suma 84 puntos, deberá vencer o domingo 22 de maio en Cantabria ao Bansander e esperar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, ante o CD Tomares para clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo dos sete grupos.

A xornada arrancou hoxe venres en Abegondo co triunfo (5-2) do Infantil ante o Bertamiráns FC na 8ª xornada da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego. Os branquiazuis, na cabeza, pelexan co CD Conxo Santiago polo liderado do subgrupo norte.

Mañá sábado xóganse dous partidos na Cidade Deportiva: o Xuvenil B recibe ao CD Calasanz (12:30) na Liga Nacional; e o Cadete mídese ao San Tirso SD (11:00) na semifinal da División de Honra, a partido único. O vencedor enfrontarase na gran final ao vencedor da outra semifinal que enfronta ao RC Celta e ao CD Conxo Santiago.

Ademais, Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A disputan no campo de Río Seco de Narón a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol oito.

Alevín A e Fabril FC Alevín quedaron encadrados no grupo A, co Galicia Caranza D, SD Coristanco e Escola Estrada FB. Despois dunha liga a unha soa volta, os dous primeiros do grupo pasarán á semifinal, cuxo vencedor se clasificará para a Fase Final do Campionato Galego, o domingo 22 no Novo Municipal da Estrada.

E en categoría benjamín, o Benxamín A medirase no grupo A ao Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC, Ural Español CF e UC Cee. Os dous primeiros do grupo pasarán á semifinal, cuxo vencedor se clasificará para a Fase Final, o domingo 22 no Novo Municipal da Estrada.

Para o domingo, ademais do citado choque do Xuvenil A, o Orzán SD Xuvenil Feminino, líder destacado do seu subgrupo, visita ao Tomiño FC Femenino, segundo clasificado. Será a partir das 17:15 no campo do Alivio, en Tomiño.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
9ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 22 de maio ás 17:15 no campo do Alivio (Tomiño)
Clasificación da Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino, 24 puntos; 2. Tomiño FC Femenino, 19 puntos...

Categoría xuvenil
34ª xornada: CLUB BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 22 de maio ás 12:00 no campo de Villaescusa (La Concha, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Xuvenil A, 84 puntos; 3. Real Racing Club, 72 puntos...

33ª xornada: XUVENIL B - CD CALASANZ, o sábado 21 de maio ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 80 puntos; 2. Xuvenil B, 73 puntos; 3. Coruxo FC, 63 puntos...

Categoría cadete
División de Honra, semifinal: CADETE - SAN TIRSO SD, o sábado 21 de maio ás 11:00 en Abegondo

Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL 5 (Janusz -2-, Leandro, Rubén e Diego) - BERTAMIRÁNS FC 2
Clasificación da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte: 1. Infantil (un partido máis), 27 puntos; 2. CD Conxo Santiago, 22 puntos; 3. San Tirso SD e Cidade de Ribeira CF, 13 puntos...

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
9:45: ALEVÍN A - FABRIL FC ALEVÍN (campo de Río Seco)
11:30: SD CORISTANCO - ALEVÍN A (Anexo de Río Seco)
13:15: ALEVÍN A - GALICIA CARANZA D (campo de Río Seco)
16:00: ESCOLA ESTRADA FB - ALEVÍN A (Anexo de Río Seco)
Os dous primeiros de grupo acceden á semifinal.

Primeira Fase
9:45: ALEVÍN A - FABRIL FC ALEVÍN (campo de Río Seco)
13:15: FABRIL FC ALEVÍN - ESCOLA ESTRADA FB (campo de Río Seco)
16:00: FABRIL FC ALEVÍN - SD CORISTANCO (Anexo de Río Seco)
17:45: GALICIA CARANZA D - FABRIL FC ALEVÍN (campo de Río Seco)
Os dous primeiros de grupo acceden á semifinal.

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
10:20: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF (campo de Río Seco)
12:05: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (Anexo Río Seco)
13:50: BENXAMÍN A - CIDADE DE RIBEIRA CF (campo de Río Seco)
16:35: UC CEE - BENXAMÍN A (Anexo Río Seco)
Os dous primeiros de grupo acceden á semifinal.