RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul destaca as "boas sensacións para o que nos vén"

Quiles e Héctor pasáronse pola zona mixta ao concluír o partido ante o Real Valladolid Promesas.

O dianteiro andaluz, que hoxe volveu marcar, lembra que "viñamos aquí a gañar e a conseguir o obxectivo de ser segundos para o play off. Quédanos o partido de Unionistas pero xa temos a cabeza máis no play off que noutra cousa".

Apunta que o equipo se marcha de Valladolid con sensacións "boas. Marcamos catro e a portería a cero, que para o play off é moi importante".

Finalmente, e após un novo momento de comuñón do equipo coa bancada, o pichichi deportivista asegura que "necesitamos moitísimo a #ANOSAFORZA. Igual eles non o saben pero dannos unha barbaridade. Se os necesitamos durante a liga, agora no play off moito máis. Estou seguro que estarán aí como estiveron todo o ano".

Pola súa banda Héctor Hernández cre que o equipo "saíu desde o minuto un coa cabeza metida nese obxectivo que tiñamos", o de asegurar a segunda praza; e opina que "o partido foi ao noso favor. Estamos moi contentos e con moi boas sensacións para o que nos vén".

Coincide co técnico Borja Jiménez ao ver o equipo "nunha boa dinámica. As cousas están a saírnos ben. É importante de cara ao que vén por diante entrar con boas sensacións ao play off. Pasamos esa fochanca que nos fixo moito dano e chegamos enchufados ao verdadeiramente importante que empeza en dúas semanas".