RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil A festexou a súa xesta europea con triunfo no difícil campo do Atlético Perines

O Xuvenil A celebrou a súa xesta europea do pasado mércores na UEFA Youth League cun triunfo (1-2) no sempre difícil campo do Atlético Perines, en partido correspondente á 8ª xornada na División de Honra.

Os santanderinos adiantáronse no minuto 4 de partido; pero pronto se repuxo o conxunto deportivista a pesar do cansazo acumulado na intensa semana. Diego empatou ao cuarto de hora de xogo e Hugo Baldomar, na recta final do encontro, deu os tres puntos ao equipo que prepara Manuel Pablo.

Con este marcador, o Xuvenil A e o RC Celta comparten o liderado da categoría con 22 puntos.

Xuvenil A: Hugo Ríos, Quique Teijo, Manu Rivas, Seydiba, Mauro, Embid, Diego, Hugo Baldomar, Nacho, Rubén e Padín. Tamén xogaron: Garaboa, Álex González e Mardones.

O vindeiro sábado 30 de outubro, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Marina Sport.

Os resultados do Xuvenil A até a data son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)