RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A, que fallou un penalti, queda a un paso das semifinais de Copa

O Xuvenil A quedou ás portas das semifinais da Copa do Rei ao caer en Riazor, ante preto de 3.000 persoas, ante o Sevilla (0-1).

Os detalles marcaron esta eliminatoria copeira. No partido de ida de hai unha semana, cando todo parecía que ía acabar en empate a un tanto, o Sevilla anotaba o seu segundo gol, o da vitoria, case no desconto.

Esta mañá, a eliminatoria puido cambiar de rumbo á media hora de xogo. A meta sevillista Brian, o mellor do seu equipo, parou un penalti a Iago Gandoy. Pouco despois, de novo Brian realizou outra gran intervención a disparo de Ortuño, á mesma escuadra esquerda da portaría andaluza.

O Sevilla, que en oitavos de final eliminou á Valencia, apenas pisou a área de Francis.

Na segunda metade, o Xuvenil A intensificou o seu dominio e mesmo por momentos encerrou no seu campo ao Sevilla.

Con todo, no ecuador da segunda metade, e practicamente no único achegamento andaluz á área deportivista, Javi Vázquez, de espléndido disparo á escadra, bateu a Francis e encarrilou definitivamente o encontro e a eliminatoria de cuartos de final.

Xuvenil A: Francis, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Adrián, Aarón, Pedro, Ortuño e Iago Novo. Tamén xogaron: Sito, Mosquera e Boedo.

Os resultados do Xuvenil A en esta competición foron os seguintes:

Oitavos de final
Ida: Xuvenil A 2 (Pedro e Ortuño) - Osasuna 0
Volta: Osasuna 0 - Xuvenil A 1 (Pedro)

Cuartos de final
Ida: Sevilla 2 - Xuvenil A 1 (Aarón)
Volta: Xuvenil A 0 - Sevilla 1