RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A sofre, pero saca adiante o seu partido ante o Bansander

Con sufrimento o Xuvenil A sacou adiante o seu partido en Abegondo (2-1) ante o Bansander, na 6ª xornada da División de Honra. Adiantáronse o cántabros pero un gol de Mosquera e outro de Javi Sandá deron a volta ao marcador.

Con este resultado, o Xuvenil A é segundo na táboa con 14 puntos, a un só punto do líder, o Racing de Santander.

Xuvenil A: Brea, Joel, Jiménez, Mujaid, Parga, Gandoy, Sito, Sebas, Mosquera, Ortuño e Boedo. Tamén xogaron: Javi Sandá, Loren, Concheiro e Rojo.

O vindeiro xoves 12 de outubro, día festivo, o Xuvenil A visita ao Pontevedra na 7º xornada de liga. O partido xogarase ás 12:00 no campo de Mosteiro (Meis).

Os resultados ata a data do equipo que prepara Rubén Coméndez son os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano '2000' 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1