RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A supera de novo ao Osasuna e pasa a cuartos de final da Copa do Rei

- Foto: @CAOsasuna -

O Xuvenil A volveu superar esta mañá ao Osasuna (0-1), no partido de volta de oitavos de final, e accede aos cuartos de final da Copa do Rei, cuxo sorteo será este martes na Federación Española de Fútbol.

Na ida, xogada en Abegondo fai sete días, tamén venceron os deportivistas (2-0), grazas aos goles de Pedro e Ortuño.

Esta mañá, en Tajonar, o Xuvenil A freou a base de orde defensiva o ímpeto inicial co que saíu o Osasuna ao terreo de xogo e foi capaz de sentenciar a eliminatoria aos 20 minutos, cun gol de Pedro que deixou o pase a cuartos de final selado.

Xuvenil A: Francis, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Sito, Aarón, Pedro, Ortuño e Iago Novo. Tamén xogaron: Boedo, Manu Mosquera, Iago Parga e Adrián.

Os resultados do Xuvenil A nesta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Ida: Xuvenil A 2 (Pedro e Ortuño) - Osasuna 0
Volta: Osasuna 0 - Xuvenil A 1 (Pedro)