O Xuvenil B estrea o seu marcador de triunfos cun contundente partido no campo do ED Val Miñor B
O Xuvenil B estreou o seu marcador de vitorias na Liga Nacional cun contundente partido en Nigrán (0-5) ante o ED Val Miñor B, en choque correspondente á 4ª xornada. Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín foron os goleadores branquiazuis no campo de Condomínguez.
Con este marcador, o Xuvenil B suma 3 puntos e é actualmente décimo terceiro na táboa.
Xuvenil B: Brais, Concheiro, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Aye, Portas, Noel, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Do Carmo, Álex Mellid, Nájera e Urdiales.
A próxima fin de semana toca de novo partido lonxe da Cidade Deportiva, esta vez en Vigo ante o Rápido de Bouzas.
Os resultados do Xuvenil B son os seguintes:
Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4 RC Celta B 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5 ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)