RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil B inicia a Primeira Fase da Liga Nacional o 8 de novembro en Vilalba

Xuvenil B xa coñece o seu calendario no subgrupo A do grupo 1º da Liga Nacional. A competición ten previsto arrancar o 8 de novembro.

O conxunto deportivista de Álex Antón e Aldo Duscher enfrontarase inicialmente nunha liga a dobre volta co resto de equipos dese subgrupo: Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, SD Compostela, SD O Val, Racing Villalbés, CD Lugo B, EF Lalín, Arosa SC e Pontevedra CF.

O Xuvenil B disputa a primeira xornada en Vilalba ante o Racing Vilalbés e pechará esta Primeira Fase o 28 de marzo de 2021 en Vilagarcía fronte ao Arosa SC.

Os 5 primeiros clasificados accederán á Segunda Fase para o ascenso á División de Honra; mentres que os restantes acceden á Segunda Fase pola Permanencia.

Os puntos obtidos así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase.

Tanto na Segunda Fase polo Ascenso como pola Permanencia, os equipos do subgrupo A enfrontaranse aos do subgrupo B, a unha volta, sen poder enfrontarse aos equipos cos que estiveron encadrado no mesmo subgrupo da Primeira Fase.

O calendario do Xuvenil B é o seguinte:

Xornada 1 (08/11/2020) Xornada 10 (24/01/2021)
Racing Villalbés Xuvenil B
Xornada 2 (15/11/2020) Xornada 11 (31/01/2021)
Xuvenil B EF Lalín
Xornada 3 (22/11/2020) Xornada 12 (07/02/2021)
SD O Val Xuvenil B
Xornada 4 (29/11/2020) Xornada 13 (21/02/2021)
Xuvenil B Pontevedra CF
Xornada 5 (06/12/2020) Xornada 14 (28/02/2021)
CD Lugo B Xuvenil B
Xornada 6 (13/12/2020) Xornada 15 (07/03/2021)
Xuvenil B Atl. Coruña Montañeros CF
Xornada 7 (20/12/2020) Xornada 16 (14/03/2021)
Xuvenil B Victoria CF
Xornada 8 (10/01/2021) Xornada 17 (21/03/2021)
SD Compostela Xuvenil B
Xornada 9 (17/01/2021) Xornada 18 (28/03/2021)
Xuvenil B Arosa SC