RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Oito partidos xóganse hoxe sábado en ANOSACANTEIRA, co Fabril en Valladolid como choque destacado

Hoxe sábado 23 de marzo xóganse 8 partidos en #ANOSACANTEIRA entre os que destaca a visita do Fabril ao Real Valladolid Promesas a partir das 16:30 (Youtube Real Valladolid) nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla.

Óscar Gilsanz conta coas baixas de Kevin Sánchez, concentrado coa selección española sub-19 en Eslovenia do mesmo xeito que o tamén deportivista David Mella; David Vilán, cunha lesión muscular na pantorrilla esquerda; Álex Alfaro, sancionado por acumulación de amoestacións; e Rubén López, citado polo primeiro equipo para o partido en Majadahonda.

Fabrilistas e valisoletanos chegan empatados a 33 puntos na táboa.

O outro partido que destaca é #ONOSODERBI de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o RC Celta B, a partir das 16:00 no campo principal Abegondo.

Os branquiazuis son líderes con 4 puntos de vantaxe sobre os célticos, segundos na táboa.

Ademais dos dous equipos alevíns na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, compite en casa o Orzán SD Cadete Femenino ante a Santa Cruz CF (16:00 en San Pedro de Visma).

Precisamente Enzo Bértoa, Hugo Macedo e Iván Gil, do Alevín A, están concentrados coa selección galega sub-12 no Campionato de España por autonomías que se celebra en Madrid esta fin de semana.

Así mesmo, o Orzán SD Infantil A Femenino visita ao Torre SD (10:00 en San Pedro de Visma), o Cadete ao Atlético Coruña Montañeros CF (12:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o San Tirso SD Infantil ao EF Portero 2000 (17:45 en Pontevedra).

Para mañá domingo queda o choque do Deportivo ABANCA B (na foto da noticia) ante o Victoria CF, ás 11:00 en Abegondo.

Óscar Orro recupera a Elena Vázquez, que regresou o xoves da concentración da selección española sub-17, confirmada a súa clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.

A maiores, o Orzán SD Xuvenil Femenino mídese en Vigo ao Sárdoma CF B (16:30) e o Orzán SD B sub-16 Femenino en Santa Corda ao Xallas FC.

Descansa esta semana o Xuvenil A debido aos compromisos da selección española en Eslovenia; o San Tirso SD Cadete cuxo partido en Nigrán xogarase o mércores 3 de abril debido á súa participación na Ibercup de Cádiz; e o Orzán SD Infantil B Femenino, debido a que lle tocaba medirse ao SD Sofán, club retirado da competición na Liga Galega.

Finalmente tres partidos xa se adiantaron ao fin de semana.

O martes, o Alevín venceu (6-0) ao Ural Español CF no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

O mércores, o Infantil A impúxose (4-0) en Abegondo ao AJ Lérez en partido da División de Honra adiantado debido á participación do equipo deportivista na Ibercup de San Roque (Cádiz).

E o xoves en Abegondo o Benxamín A superou (4-1) ao Fabril FC Benxamín na 2ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF, mañá domingo 24 de marzo ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 63 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 53 puntos; 3. Olímpico de León, 43 puntos... 10. Victoria CF, 25 puntos...

23ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 24 de marzo ás 16:30 nas Relfas (Vigo)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 50 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 49 puntos; 3. Lóstrego CF B, 44 puntos... 11. Sárdoma CF B, 27 puntos...

23ª xornada: XALLAS FC - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 24 de marzo ás 17:00 na Fontenla (Santa Comba)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 5. Xallas FC, 36 puntos... 9. UD Carral, 34 puntos; 10. Brexo Lema SD, 33 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 31 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 22 puntos...

23ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SANTA CRUZ CF, hoxe sábado 23 de marzo ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Liga Galega: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 63 puntos; 2. Victoria CF, 57 puntos... 11. Santa Cruz CF, 19 puntos...

23ª xornada: TORRE SD - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, hoxe sábado 23 de marzo ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Liga Galega: 1. Victoria CF, 58 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 56 puntos; 3. Racing de Ferrol, 52 puntos... 13. Orzán SD Infantil B Femenino, 14 puntos... 15. Torre SD, -3 puntos

Segunda Federación
28ª xornada: REAL VALLADOLID PROMESAS - FABRIL, hoxe sábado 23 de marzo ás 16:30 nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla
Clasificación: ... 8. SD Compostela, 36 puntos; 9. Coruxo FC, 35 puntos; 10. Fabril e Real Valladolid Promesas, 33 puntos; 12. Marino de Luanco, 32 puntos; 13. RS Gimnástica de Torrelavega e Racing Villalbés, 31 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 57 puntos; 2. Real Oviedo, RC Celta e Xuvenil A, 51 puntos; 5. SD Compostela, 42 puntos...

27ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, hoxe sábado 23 de marzo ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 70 puntos; 2. RC Celta B, 66 puntos...

Categoría cadete
25ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE, hoxe sábado 23 de marzo ás 12:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
25ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD CADETE, o mércores 3 de abril ás 18:30 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 70 puntos; 2. RC Celta, 61 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 37 puntos... 7. Ural Español CF, 35 puntos; 8. Salgueiriños CF, 33 puntos; 9. San Tirso SD Cadete, 32 puntos; 10. CD Lugo, 31 puntos; 11. CD Areosa, 29 puntos... 15. Atlético Coruña Montañeros CF, 17 puntos...

Categoría infantil
23ª xornada (mércores 20): INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -2-, Gabri e Raúl) - AJ LÉREZ 0
23ª xornada: EF PORTERO 2000 - SAN TIRSO SD INFANTIL, hoxe sábado 23 de marzo ás 17:45 no campo Manolo Barreiro (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido máis), 67 puntos; 2. RC Celta, 56 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 10. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 11. UD Santa Mariña, 24 puntos... 15. EF Portero 2000, 12 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada (martes 19): ALEVÍN 6  (David Gómez -2-, Iván Gil -2-, Brais Martínez e Álvaro Gómez) - URAL ESPAÑOL CF 0
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín (un partido máis), 15 puntos; 2. CD Lugo, 12 puntos...

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, hoxe sábado 23 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SAN TIRSO SD, hoxe sábado 23 de marzo ás 15:30 na Torre (campo 1.2)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (xoves 21): BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván)