RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

One e Diego Caballo aumentaron esta mañá a 7 a lista de canteiráns no primeiro equipo

One e Diego Caballo adestráronse esta mañá ás ordes de Natxo González e aumentaron a 7 o número de canteiráns no primeiro equipo neste segundo día de pretemporada. Adéstranse desde onte diariamente co Dépor: Bicho, Edu Expósito, Álex Cobo, Carlos López e o xuvenil Mujaid.

A sesión arrincou no céspede cun traballo físico supervisado polos preparadores físicos Xulio Hernando e José Ángel Franganillo.

A continuación, xa con balón, os futbolistas realizaron uns rondos móbiles e unha tarefa de posesión-conservación; mentres Dani Giménez, Tytoń e Álex Cobo estaban ás ordes do preparador de porteiros Yván Castillo.

Hoxe adestráronse no ximnasio Guilherme, cunha contusión nunha rótula sufrida onte pola tarde; Carlos López, con molestias na pata de ganso da súa perna dereita; e Juanfran, con adestramento específico.

Mañá venres 13 de xullo haberá unha nova xornada con dobre quenda na cidade deportiva: 10:30 e 18:30 horas.