RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Oportunidade perdida do Xuvenil A ao empatar co Real Oviedo en Abegondo

Oportunidade perdida do Xuvenil A para aumentar as súas opcións na pelexa polo título da División de Honra ao empatar (1-1) en Abegondo co Real Oviedo, en partido correspondente á 24ª xornada.

Seydiba adiantou aos deportivistas ao cuarto de hora de xogo pero empataron os ovetenses no inicio da segunda metade.

Con este resultado, o conxunto de Manuel Pablo suma 55 puntos na 3ª posición, por detrás do Sporting de Gijón (2º con 57 puntos) e do RC Celta (líder con 60 puntos).

Xuvenil A: Lemos, Carlos, Pablo Parada, Vilela, Seydiba, Carreira, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Manu Ferreiro e Hugo. Tamén xogaron: Noah, Montero, Garaboa, Guerrero e Ogando.

A próxima fin de semana non hai xornada de liga e en 15 días, o Xuvenil A visitará ao CD Covadonga.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1
Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-)
Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2
Bansander 0 - Xuvenil A 1 (Hugo Baldomar)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Real Oviedo 1