RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' pechou a temporada con tres visitas esta semana a ABANCA-RIAZOR

Uns 150 escolares gozaron ao longo desta semana das últimas xornadas desta temporada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que de novo tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR.

O martes 8 foi a quenda do CEIP Emilia Pardo Bazán, o mércores 9 tocoulle ao CEIP Gándara-Sofán (Carballo) e o xoves 10 pechou o curso o CEIP María Barbeito.

O martes, máis de 70 alumnos de 6º de Primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán gozaron dunha visita guiada polas dependencias do Estadio ABANCA-RIAZOR e posteriormente recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

A xornada acabou coa entrega de postais asinadas por dous futbolistas do Deportivo ABANCA, Cris Martínez e Michelle Romero, e coa foto de familia ao bordo do terreo de xogo.

O mércores, 26 mozos do colexio bergantiñán repetiron a experiencia, esta vez coa presenza das xogadoras Patri e Jone.

A semana e a temporada pecháronse o xoves. Nesta ocasión, Anita e Iris foron as anfitrioas para medio centenar de nenas e nenos da escola do barrio do Ventorrillo.

A experiencia branquiazul dos alumnos deste tres centros educativos concluirá no último partido ligueiro do Dépor esta temporada en ABANCA-RIAZOR, fronte ao Villarreal, mañá sábado 12 de maio ás 18:30 horas.