RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Servizos Médicos coidan ao cadro de cara ao tramo decisivo da temporada

Os Servizos Médicos do RC Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño coidan ao cadro branquiazul de cara á recta final da liga e ao playoff de ascenso a Segunda División.

Así, esta mañá, en colaboración co Hospital Quirónsalud A Coruña, os futbolistas sometéronse a unha analítica, segunda no que vai de temporada.

Desta forma, os doutores branquiazuis terán unha idea exacta do estado físico de cada xogador, o que permitirá adoptar as medidas oportunas tanto a nivel médico como físico para un maior rendemento sobre o céspede nos partidos vindeiros, que serán moi esixentes a todos os niveis.

Quirónsalud e o Dépor, unidos desde 2020

Desde o ano 2020, o Hospital Quirónsalud A Coruña apoia os Servizos Médicos do club e coida da saúde de todos os seus xogadores.

Desta forma, convértese no centro médico de referencia para os cadros do Club, ofrecendo unha completa infraestrutura técnica e humana. Ten no seu cadro un equipo médico de primeiro nivel que lle permite atender máis de 30 especialidades médicas e cirúrxicas, entre as que destaca o Servizo de Traumatología e Cirurxía Ortopédica formado por sete especialistas de gran prestixio.

Así mesmo, este centro hospitalario conta con 100 camas de hospitalización, distribuídas en tres plantas e pon a disposición de todos os xogadores unha completa dotación hospitalaria formada por un servizo de Urxencias 24 horas, seis quirófanos, un departamento de Diagnóstico pola Imaxe e unha das máis modernas salas de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista, entre outros.

Quirónsalud é o grupo hospitalario líder en España e, xunto co seu matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Conta con máis de 40.000 profesionais en máis de 125 centros sanitarios, entre os que se atopan 50 hospitais que ofrecen preto de 7.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica de Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc.

O Grupo traballa na promoción da docencia (oito dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).

Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neuroloxía, entre outras.